facetas

10 resultados

Amado Carballo, Luis, 1901-1927

(Pontevedra, Galicia, España, 1901 - Pontevedra, Galicia, España, 1927)

Luís Amado Carballo foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Carré Alvarellos, Leandro, 1888-1976

(A Coruña, Galicia, España, 1888 - A Coruña, Galicia, España, 1976)

Foi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e en Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director duran...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]

Casas, Víctor, 1900-1936

(A Coruña, Galicia, España, 1900 - Poio, Pontevedra, Galicia, España, 1936)

O 31 de xullo de 1900 nace na Coruña o xornalista e político Víctor Casas. Foi membro das Irmandade da Fala, participa I Asemblea Nazonalista de Lugo, asemblea da que sairía o Manifiesto Nazonalista, que constituiu a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil. Sería ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Correa Calderón, E., 1899-1986

(Baralla, Lugo, Galicia, España, 1899 - Pobra de Trives, Ourense, Galicia, España, 1986)

Evaristo Correa Calderón foi un escritor e xornalista galego. Fundou en Baralla o semanario El Eco e dirixiu en Lugo El Chiste Semanal e De Todo un Poco, no que publicou os seus primeiros versos. Membro das Irmandades da Fala, colaborou en La Idea Moderna, o xornal máis prestixioso de Lugo, cando só...

Artigos da revista nos que participa 3 [Ver]

Lence-Santar y Guitián, Eduardo, 1876-1960

(Mondoñedo, Lugo, Galicia, España, 1876 - Mondoñedo, Lugo, Galicia, España, 1960)

Foi un escritor e xornalista galego.
Pasou os seus primeiros anos en Portomarín e Sarria, e volveu a Mondoñedo en 1901. Arquiveiro municipal do concello de Mondoñedo, foi nomeado cronista da cidade en 1917. Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917 e un dos asinantes do ma...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Risco, Vicente, 1884-1963

(Ourense, Galicia, España, 1884 - Ourense, Galicia, España, 1963)

Vicente Martínez Risco e Agüero foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.
Constitúe unha das figuras máis importantes e comple...

Artigos da revista nos que participa 115 [Ver]

Rodríguez de Vicente, José, 1895-1958

(Vigo, Galicia, España, 1895 - Bos Aires, Arxentina, 1958)

Fillo de Román Rodríguez, administrador do Pazo do Conde de Gondomar, en Baiona. Estudou en Vigo e Madrid. En 1916 marchou a Uruguai, onde traballou de xornalista no semanario Tierra Gallega, ao mesmo tempo creou o personaxe de Joselín, un galego de...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Rodríguez González, Eladio, 1864-1949

(Leiro, Ourense, Galicia, España, 1864 - A Coruña, Galicia, España, 1949)

Desenvolveu labores de xornalista, poeta e lexicógrafo galego. Foi, ademais, membro fundador da Real Academia Galega e tamén o seu Secretario.
Eladio Rodríguez comezou a súa carreira exercendo de mestre na súa vila natal ata que en 1887 se trasladou á...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Villar Ponte, Antón, 1881-1936

(Viveiro, Lugo , Galicia, España, 1881 - A Coruña , Galicia, España, 1936)

Antón Villar Ponte (tamén coñecido como Antón Vilar Ponte), foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra. Estudou farmacia, aínda que exerceu tamén o xornalismo. A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias...

Artigos da revista nos que participa 8 [Ver]

Villar Ponte, Ramón, 1890-1953

(Viveiro, Lugo, Galicia, España, 1890 - A Coruña, Galicia, España, 1953)

Ramón estudou o bacharelato por libre no Instituto de Lugo e superou o preparatorio de Filosofía e Letras en Compostela, onde participou de xeito destacado nunha campaña estudantil que rexeitaba a negativa dos académicos da Real Academia Española a aceptar o ing...

Artigos da revista nos que participa 4 [Ver]